Percebeiros

Percebeiros (Sea Bites) 1920×1080 from enpiedeguerra on Vimeo.

Curtometraxe dirixido por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, un percebeiro de Cedeira, Galicia. Preselccionado para os Premios Goya 2012.

Corto documental dirigido por David Beriain sobre la historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, Galicia. Preseleccionado para los Premios Goya 2012.

DAVID BERIAIN Director. FERNANDO UREÑA Script Writer. SERGIO CARO Director of photography. ERNESTO VILLALBA Cameraman. SERGIO CARMONA Underwater cameraman. HELIFILMS Helicopter camera. NURIA GOMEZ Video Editor. QUIQUE DE LA VARA Video Editor. SUSO RAMALLO Sound engineer. ELENA DELGADO Sound assistant and making of. ANXO PINTOS Music. CHIQUI ESTEBAN iPad cover designer. LEIRE ARIZ Direction Assistant. JOAQUIN BILBAO Head of segurity

Leer Más

Recunchos de Galicia

Tui desde Valença

Sempre escribo dos lugares que visito polo mundo adiante xa era hora de falar da terra e que mellor sitio para comezar que polo principio, a fronteira. Concretamente entre na Ponte Vella Internacional que cruza o río Miña para unir Valença do Minho e Tui.

Durante mais de cen anos soportou moito tráfico por ser a única ponte para salvar o Miño, que percorre toda a fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Durante séculos, os peregrinos procedentes de Portugal accedían á Tui cruzando o río en barcas. A partir de 1884 a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago. A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diariamente e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal.

Dende as murallas da cidades de Valença pódense ver a ponte a cidade de Tui na que destaca, na parte máis alta da cidade a súa a catedral do século XII

Desde Tui podemos chegar rapidamente á localidade de A Guarda onde se atopa o Castro de Santa Tegra, así como petroglifos da época neolítica anterior (entre o 5000 a.C. e o 2000 a.C.), gravados nas pedras con debuxos esquemáticos e que aportannos datos sobre a vida desa época.

Na idade de bronce comezan os contactos por mar con culturas mediterráneas, primeiro cos fenicios e, despois, cos gregos. E finalmente na Idade de Ferro (primeiro milenio antes da nosa era) tivo lugar a cultura castrexa. Esta foi a etapa de maior esplendor, como se deduce do gran número de castros do lugar, destacando os da Forca, A Bandeira ou Santa Tegra. Este último, datado entre os séculos I a.C. e I, situado nas proximidades do cumio do monte, supón unha das mostras máis significativas da Cultura Galaico-Romana de Galiza. A cultura castrexa foi desaparecendo coa crecente romanización. Os poboadores foron abandonando os castros e comezando a asentarse nos vales para poder cultivar a terra. Da época romana existen restos no lugar de Saa, no Castro e en Pintán. Despois do século V chegou a conquista dos suevos.

Leer Más